Resulta ferido tras chocar o seu coche contra unha casa en Silleda

La Voz

SILLEDA

Cedida

21 ene 2019 . Actualizado ás 11:43 h.

Un vehículo impactou onte pola mañá contra unha casa próxima á estrada N-525 nos arredores de Silleda, próxima á fábrica de Nudesa. O condutor perdeu o control do coche previsiblemente pola choiva e acabou encaixándose contra a vivenda ao redor das 10.30 horas. Dada a inestabilidade en que quedou o automóbil, requiriuse a participación dos Bombeiros do parque intercomarcal de Silleda, que procederon a excarcerar para sacar ao home e único ocupante por un lateral. Presentaba molestias lumbares e foi trasladado a un centro sanitario. Pouco despois os Bombeiros retiraron unha árbore que impedía o paso nunha pista en Carboeiro. Pola súa banda, Emerxencias da Estrada acudiu en Cacheiras ao incendio no interior dun taller de chapa e pintura.