O Concello de Silleda contará con 11 novos operarios 9 meses do Plan Concellos

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

miguel souto

15 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Silleda contará con 11 novos operarios por un período de 9 meses, desde o 1 de marzo ao 31 de decembro. Estas novas contratacións levarán a cabo a través da liña 3 do Plan Concellos da Deputación. A xunta de goberno local aprobou a pasada semana a proposta para este exercicio, cunha oferta que inclúe 11 postos: un monitor de lecer e animador sociocultural, tres postos de barrenderos, catro de xardineiros, dous albaneis e un peón de limpeza de edificios públicos. Foron os postos solicitados polo Concello, para traballar nun plan de obras e servizos así como apoio ao departamento de Cultura e xestión de iniciativas nos intercambios.

A selección de persoal farase do mesmo xeito que nos últimos anos a través do Servizo Galego de Colocación, que enviará aos candidatos para realizar daquela o Concello un concurso de méritos e entrevistas. Serán contratos de 37,5 horas semanais, e o investimento supera os 174.000 euros.

O alcalde, Manuel Cuíña, destacou volver contar con este persoal; ademais o Concello promociona o emprego co Plan Municipal de Axuda á Creación de Emprego, que axudou a 20 emprendedores con axudas a fondo perdido.