O Estradense B segue na Copa do Sar tras gañar por 1-2 á SD Bandeira

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

rober amado

29 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Estradense B pasou rolda na Copa do Sar tras xogarse este xoves pola noite o partido aprazado da primeira rolda desta competición. Venceron por 1-2 no campo da SD Bandeira, que quedou eliminada. Os tres goles materializáronse na primeira parte, adiantándose os visitantes no 36 e o 39 con David Porto e Marcos Louzao como autores dos seus tantos, mentres recortaba diferenzas Iago Alvarellos no 42.

Cuadrangular solidario

Sen deixar a actualidade da SD Bandeira, o club promoveu un torneo solidario que se disputará hoxe desde as 17.00 horas na Gandareira. O público que desexe asistir deberá doar algún alimento non perecedoiro, admitíndose tamén donativos de 3 euros por persoa, trocándose a cantidade recadada por produtos que xunto aos entregados no campo daranse a Servizos Sociais de Silleda para axudar a familias con escasos recursos. Ás 17.00 xogarán os anfitrións ante o Agolada e ás 18.00 Praíña e Lamela, para despois xogarse terceiro e cuarto posto e a final ás 20.00.