O rural esquecido de Silleda

Aurelio F. Villaverde TRIBUNA ABERTA

SILLEDA

16 may 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Se resulta sempre rexeitable calquera dose de soberbia nas actuacións dos políticos e de quen se move ao seu redor, ese rexeitamento acrecéntase aínda máis cando a prepotencia coa que se conducen vístese de ignorancia e ingratitud.

A escenificación dese actuar levouna a cabo de forma inmellorable o actual goberno local de Silleda con ocasión da organización e celebración na localidade, o pasado domingo 6 de maio, dunha Sementeira Tradicional destinada a enxalzar e recuperar da memoria valores tradicionais da cultura do agro galego, unhas tradicións agrarias que ao longo de xeracións viñeron formando parte da rutina diaria da nosa terra, pero que na actualidade están cada vez máis en desuso e ameazados de caer nun crecente esquecemento e que por iso se necesitan revitalizar e rememorar.

Con todo, o goberno local de Silleda ha ejemplificado nesa data dominical, o que é unha forma de contribuír a seguir fomentando ese esquecemento, ao darlle as costas á celebración dese evento agrícola. Así, á nula presenza no mesmo de representación municipal con competencias no medio Rural e en Cultura, sumáronse as sorprendentes trabas, obstáculos e impedimentos cos que se tivo que enfrontar o coordinador da devandita Sementeira Tradicional e á súa vez presidente do Partido Progresista por Silleda (PPS). Neste sentido, antóllase moi pouco conciliable cun mínimo de respecto e sensibilidade co espírito rural da celebración deste acto, que ata se negou o uso do local social de Silleda por parte do departamento de Asuntos Sociais e Sanidade, para poder levar a cabo no mesmo a presentación dese acto, presentación que nin sequera se puido chegar a realizar, pola referida ausencia de representantes municipais, cunha puntual excepción presencial, pero a título de colaborador, deixando así mesmo orfos das súas imaxes aos traballadores da TVG, que tan amablemente se desprazaron a Silleda para obter un testemuño audiovisual da Sementeira Tradicional.

Máis aló do feito mesmo da puntual celebración da Sementeira Tradicional cabe preguntarse se esa falta de implicación e interese municipal na súa celebración, demostra á perfección da verdadeira incapacidade do goberno local de Silleda, tanto para sentir máis empatía cara ao rural das nosas parroquias, como para levar a cabo iniciativas encamiñadas á efectiva promoción, fomento e reestruturación do noso patrimonio agrícola forestal, unhas iniciativas en cuxa defensa e promoción está a quedarse cada vez máis só o PPS.

Á súa vez cabe dicir que sendo o coordinador da Sementeira Tradicional, o presidente do devandito PP, non hai que esquecer, como algúns xa parecen querer esquecer, que no seu momento accedeu bondadosamente a pór os votos obtidos da citada formación política, a disposición da posibilidade de formar en maioría o actual goberno local. Por tal motivo tamén se fai necesario comezar a reflexionar acerca de se esa decisión foi ou non do todo acertada, sobre todo á vista da moi visible e desafortunada actitude e negativa, que con ocasión dese acto, desde o goberno local de Silleda, non se dubido así en observar, cara a quen no seu día coadyuvó de forma efectiva e decisiva a que puidese ser precisamente iso goberno local.