Lalín, Silleda, Cruces e Forcarei recibirán axudas para os seus plans de mobilidade sostibles

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

18 ene 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Catro municipios do norte provincial recibirán axudas da Deputación de Pontevedra para redactar os seus respectivos plans de mobilidade sostible. No caso de Lalín a axuda máxima será de 20.000 euros, mentres Silleda poderá chegar a un tope de 15.000, e tanto Vila de Cruces como Forcarei terán un límite de 9.000 euros.

O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, cualificou como «un auténtico éxito» esta convocatoria de axudas por parte do organismo provincial, posto que son un total de 42 municipios os que se acolleron a estas axudas. Os beneficiarios disporán dun ano para a redacción dos plans de mobilidade, que entregarán á Deputación para a súa supervisión técnica antes do pagamento das axudas.

Achega municipal do 25 %

Os catro municipios da zona deberán cofinanciar o 25 % dos seus plans de mobilidade, que haberá de aprobar o pleno. Son unha ferramenta crave para tomar decisións sobre a rede de estradas e espazos públicos.