O lago de Rodeiro e o río recuperan o seu aspecto habitual tras a vertedura

La Voz LALÍN / LA VOZ

RODEIRO

18 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Tras a vertedura de xurro que afectou este mércores ao lago e ao río de Rodeiro, onte a zona, segundo apuntaba o alcalde, José Luis Camiñas, recobraba o seu aspecto normal e a auga «volveu a verse transparente e deixou de ser marrón». Ese era a cor co que se vía na xornada do mércores. O rexedor lembraba aos veciños que a auga da traída procede do río Arnego, co que é este e non a canle de Rodeiro o que nutre o abastecemento domiciliario. Outra cousa é a posibilidade de que camiño a Agolada ou nesta atópase algunha pequena captación para algunha edificación concreta, apunta. Unha situación que, dixo, descoñecía.

Control no consumo

Camiñas aproveitaba onte para facer un chamamento aos veciños pedindo que non abusen do gasto de auga que, por exemplo, a pasada fin de semana, dixo, foi moi elevado. O nivel do depósito baixou de forma considerable e, indica, «saltaron todas as alarmas». Aínda que para esta fin de semana as previsións apuntan á posibilidade de choiva, o alcalde lembraba que «leva mes e medio sen chover» e as temperaturas extremas dalgúns días que axudaron a disparar o consumo de auga.