Veciños de Rodeiro acoden a Valedora en defensa da Tulla de Fafián e dun camiño

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

RODEIRO

Cedida

Demandan explicacións pola privatización dun viario

19 may 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

Veciños de Rodeiro acudiron á Valedora do Pobo para pedir a protección patrimonial da zona da Tulla de Fafián e que se manteña o paso e o dereito de tránsito nun camiño que, din, parte dun das sendas pertencente á Ruta dos Muíños e As Idades da Istoria e que, «desaparece no seu paso por Outeiro e pasa a formar parte dunha parcela privada».

Unha parcela que, indican, inclúe a torre medieval que, segundo Patrimonio, «é de titularidade privada descoñecida». Unha cuestión que, denuncian, impedirá o goce dese elemento patrimonial por parte da cidadanía e o seu uso público.

Explican que o Concello de Rodeiro incluíu a vía urbana do lugar de Outeiro de Fafián dentro da masa común pertencente á parcelaria de Val de Camba que se atopa actualmente en fase de acordo. Os veciños reclaman explicacións ás autoridades competentes sobre os motivos tras, din, «tres anos de loita pola vía administrativa para defender o uso público dos camiños e o patrimonio».

En defensa da Tulla e reivindicando a torre, así como o patrimonio arquitectónico e patrimonial galego, crearon xa un perfil de Facebook que ten xa preto de 200 seguidores. O seu obxectivo é, apuntan, «realizar unha labor de concienciación e visibilización do patrimonio galego».

Os veciños contan que acoden á Valedora do Pobo «tras varias reunións co alcalde, o popular Rubén Quintá, e outros cargos municipales, dous escritos oficiais, tres reclamacións sen resposta do Concello e seis preguntas inconcluintes en pleno municipal». Queren lograr, a través da Valedora do Pobo «a protección patrimonial e de tránsito que as autoridades municipais deberían garantir».

Destacan que todo o lugar está afectado por Patrimonio, tal e como se reflicte nos planos do Plan Xeral de Ordenación Municipal e non entenden apuntan, «que se siga adiante co proceso de privatización de camiños públicos e restos arqueolóxicos de grande interese».

Este grupo de veciños de Fafián asegura que non se renderá e que defenderán os seus dereitos polas vías necesarias despois, din, de anos de insistencia «sen resposta» por parte do Concello de Rodeiro, agora con Quintá á fronte e antes con López. Foi fai moitos anos, con Eliseo López como alcalde, cando o Concello de Rodeiro iniciou xestións para intentar facerse coa propiedade da Tulla, que proseguiu López e que resultaron infrutuosas no seu momento,