A Garda Civil investiga penalmente a un veciño de Rodeiro por simular o roubo do seu coche

La Voz

RODEIRO

Garda Civil

23 ene 2020 . Actualizado ás 13:03 h.

A Garda Civil investiga penalmente a un veciño de Rodeiro por simular a subtracción do seu propio coche. Os feitos sucederon a finais do pasado mes de decembro. A condutora habitual do vehículo comunicou ao seu ex parella, que era o titular do coche, que llo roubaron cando estaba aparcado nas proximidades do aparcadoiro dun centro comercial en Lalín. Os dous presentáronse no cuartel da Garda Civil da localidade e presentaron unha denuncia polo que parecía ser un roubo ou un furto de uso dun vehículo a motor.

As investigacións foron levadas a cabo polo Equipo de Investigación do Posto Principal de Lalín en colaboración co posto de Rodeiro. A Garda Civil explica que estas concluíron que podía ter sido o mesmo propietario do coche o que, guiado supostamente por desavinzas na súa relación sentimental, decidira recuperar o coche apropiándose do mesmo sen que o seu ex parella o soubese, finxindo que fora roubado. 

O coche foi localizado varias semanas despois por efectivos do posto da Garda Civil de Rodeiro alertados da súa aparición polo mesmo titular, que foi notificado en calidade de investigado como presunto autor dunha simulación de delito. As dilixencias intruidas foron entregadas no Xulgado de garda de Lalín onde este veciño deberá comparecer cando sexa requirido.