O pleno de Rodeiro aprobou a conta xeral do 2018 co voto de calidade do rexedor

La Voz

RODEIRO

Miguel Souto

14 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O pleno de Rodeiro aprobou a conta xeral do 2018 co voto de calidade do alcalde ao darse un empate entre PP e oposición que sumaban cinco votos cada un por mor da ausencia dun concelleiro. A esta sumaríase a media sesión a dunha concelleira de Unidade que fixo que o PP volvese recuperar a maioría.

Unidade por Rodeiro e PSOE achacaron ao grupo de goberno acumular remanente no canto de investir en servizos e obras en beneficio dos veciños. O portavoz de Unidade, Alberto Lamazares, cifrou en 164.000 euros, o diñeiro que quedou sen gastar na partida de vías e obras, aos que sumou, 46.000 euros na de redes de sumidoiros, os 5.000 das axudas a natalidade, 63.700 de ordenación e promoción turística ou os 43.000 euros para a obra do parque e os 80.000 euros da da piscina. Unha diñeiro que, apuntou, en parte pasa a remanente e en parte, como no caso dalgunhas axudas para obras, cre que se perderán. Pola contra, criticou a subida en ingresos apuntando que a recadación do IBI urbano pasou de 205.00 a 480.000 euros do 2017 ao 2018 e a de rústica de 28.000 a 121.000 euros.

Bota en falta que no canto de acumular diñeiro, suma 1,8 de remanente, non se arranxen as pistas que están moi deterioradas. Unhas críticas que subscribía o PSOE.

A moción para demandar unha ambulancia presentada polo PSOE foi aprobada por unanimidade e rexeitada a do BNG alegando que xa aprobaran unha. O PP botou por terra a moción de Unidade pedindo obras en Barrio alegando que xa fixeran cousas e as do PSOE sobre o xabaril e a da pobreza enerxética, aínda que dixeron compartir o ideario. O PP sinalou que presentaría unha do xabaril máis completo.