Décima etapa polo Camiño de Inverno ata Rodeiro

La Voz

RODEIRO

Cedida

12 ene 2020 . Actualizado ás 17:35 h.

Unhas corenta presentas participaron hoxe no percorrido da décima etapa do Camiño de Inverno entre Penasillás e Rodeiro cun total de 18 quilómetros de camiñada. A iniciativa, organizada pola Aasociación Amigos do Camiño Lalín-Deza, sumou ao grupo de peregrinos habituais, unha nutrida participación de veciños de Rodeiro, incluído o alcalde, Luis López e o concelleiro de Turismo, Pablo Sobrado, e de GTR Galaico Trail Run. Saíron de Panasillás coa imaxe dun espectacular amencer. Duramte a ruta puideron gozar das vistas desde o Alto do Faro e do pasaisaje de Val de Camba. A seguinte etapa terá lugar o próximo día 26 e cubrirá a distancia entre Rodeiro e Lalín.