Muíño para o turista en Rodeiro

La Voz

RODEIRO

Cedida

02 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Estes días concluirá a restauración dun antigo muíño situado nunha zona verde próxima ao cruzamento da travesía de Rodeiro coa estrada en dirección a Agolada. Ese inmoble estaba derruido e tapado pola maleza. Durante o pasado decembro comezou a súa rehabilitación, financiada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Pontevedra Norte a través do programa Leader. Servirá no futuro como punto de información turística e selado da Compostela dos peregrinos se se logran axudas para contratar persoal.