Maior porcentaxe de participación nas urnas na zona respecto ao 2019

La Voz

LALÍN

Rocío Ramos

En Agolada, ás 18.00 horas xa votaran o 74,44 % dos veciños

28 may 2023 . Actualizado ás 18:59 h.

Ás 18.00 horas os datos de participación nos colexios electorais continuaban na zona dando cifras superiores ás de fai catro anos no mesmo momento do día. A maior subida rexistrouse en Agolada , onde a esta hora xa votaron o 74,44 % dos electores, un 5,91% que fai catro anos. A participación está a ser tamén superior en Rodeiro , que xa van un 4,58% por diante do número de votantes que pasaron polas mesas a esta hora no 2019. Ás 18.00 horas xa votaran o 68,91 %, un 4,58 % máis que fai catro anos.

Na Estrada votaron xa o 58,85 %, un 2,84% máis que o 56 % de veciños que votaran ata as 18.00 horas no 2019. En Lalín , xa son máis os censados que depositaron os seus votos. Xa o fixeron un 61,78 % dos censados, que supón 9.972 persoas, un 1,5 % máis que fai catro anos á mesma hora.

Tamén se rexistra unha maior participación en Vila de Cruces cun incremento dun 1,60 %. Xa votaran ás 18.00 horas, o 61,38 % dos votantes. Tamén se incrementou a participación a esa hora respecto da de fai catro anos en Dozón cun 1,55 % máis, e o 65,81 % dos veciños que xa depositaron os seus votos.

En cambio en Silleda e Forcarei, a porcentaxe de votantes está a ser de momento inferior á convocatoria do 2019. En Silleda pasaron polas mesas un 3,88 % menos e votaron xa un 57,36 % dos veciños fronte ao 61,24 % que xa o fixeron a tal hora nas anteriores municipais. Tamén en Forcarei , a porcentaxe é lixeiramente inferior, un 0,88 % por baixo. Xa depositaron o seu voto en é5che municipio o 61,67 % dos censados.

Ás 14.00 horas, a práctica totalidade dos concellos das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes rexistraban un maior índice de participación fai catro anos. O aviso de tormentas previstas para a tarde e a celebración de festas en varios lugares puido contribuír a que os veciños fosen nesta cita electoral máis. A subida máis alta rexistrouse en Agolada , onde o incremento da participación nesta cita electoral era xa do 9,61 %. Pasaron xa polos colexios electorais a depositar o seu voto 1.031 persoas, o 49,33 % do censo. Fai catro anos foran 870, o 39,72 %. Séguelle Rodeiro cun 9,02 % máis de votos na urna que no 2019. Ás 14.00 horas votaran xa o 45,24 % dos electores, 933, fronte aos que 825, un 36,23% do censo que o fixeron fai catro anos.

En Lalín , no pavillón municipal, onde se concentran as mesas do centro urbano houbo longas colas en moitas delas. Votaron xa ás 14.00 o 43,35 % do censo. Son 6.984 persoas, un 3,71% que no 2019 onde a esa mesma hora pasaran polas urnas 6.528 veciños, un 39,64 % dos votantes.

En Silleda , en cambio, é o único municipio onde a esas horas non se incrementou a participación. O número era dun 0,48% menos que á mesma hora no 2019. Votaron este ano xa o 38,58 %, 2.799 persoas. No 2019 foron algunhas máis : 2.843 que supuña un 39,06 %.

En Dozón , curiosamente, os datos de participación recollidos dá o mesmo número exacto de veciños que ás dúas da tarde depositaron xa o seu voto. Foron 386, este ano e as mesmas a esa mesma hora no 2019. Aínda que a cifra é igual, a caída da poboación fai que agora sexa un 3,40% do censo votando xa o 39,58 % dos electores. En Vila de Cruces xa depositaron o seu voto o 43,5 % dos votantes. Son 1.-934, un 5,3 % máis. No 2019 fora o 38,24%. 

Na Estrada, a participación incrementouse nun 3,02 % respecto das municipais do 2019. Votaron xa un 40,72 % dos veciños, 6.953, fronte ás 6.571, un 37,70 %, que se contabilizaban nas anteriores. En Forcarei , tamén os veciños estanse dando máis présa á hora de acudir a votar. Ás 14.00 horas xa o fixeron o 543,08 %, 1.241 persoas, un 2,14 % máis que no 2019 cando votaran xa a esa hora o 40,95%, 1.258 persoas.