Celebración de primeiro aniversario de Ategal en Lalín o día 28

La Voz

LALÍN

19 mares 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, Ategal, celebra o seu primeiro aniversario en Lalín o día 28. Ás 12.00 horas, no Salón Teatro, terá lugar un acto de apertura cunha conferencia sobre optimismo e lonxevidade, a cargo de María José Fares Varela. Haberá unha comida no restaurante Naval do Espiño e unha actuación musical achegada polo Concello. As entradas para o ágape poden retirarse en Servizos Sociais.