Petición unánime en pleno para realizar os exames de conducir en Lalín

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

LALÍN

miguel souto

O PP lembrou as xestións feitas e cuestionou a eficacia da moción do BNG

28 may 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

Os catro grupos que conforman a corporación lalinense estiveron de acordo en votar a favor da moción presentada polo BNG reclamando que os exñamenes de conducir, tanto teóricos como prácticos leven a cabo en Lalín. Pablo Areán, lembrou as xestións e mocións presentadas polos populares a este respecto entre as que incluíu visitas e entrevistas de Crespo en Madrid con responsables da DXT e do goberno estatal. O PP cuestionou a eficacia desta moción e as posibilidades de conseguir un resultado positivo.

O portavoz nacionalista, Francisco Vilariño, defendeu as condicións que ten Lalín para que as probas se realicen aquí de densidade do tráfico ou a existencia dun tramo libre de autoestrada. O socialista Mario López aproveitou para instar o goberno a realizar un estudo entendendo que sería necesario colocar semáforos nalgún cruzamento para mellorar a seguridade e evitar accidentes, lembrando que a falta de semáforos foi apuntada algunha vez nos informes da DXT para rexeitar a realización dos exames en Lalín. CxL estivo de acordo nos beneficios para os veciños da comarca e as autoescolas a realización dos exames en Lalín, algo co que coincidían todos.

O PP rexeitou a moción do PSOE pedindo un punto de atención sobre a enerxía fotovoltáica. Considerouno interesante pero alegou que non era a súa competencia e que o Concello carecía de medios e, sobre todo, de persoal para poder asumir un servizo de información aos veciños sobre este tema.

Rexeitamento a unha comparecencia e amortización dunha praza

O grupo de goberno votou en contra da comparecencia do concelleiro de Obras, José Cuñarro, en relación ao expediente de contratación da subministración de vestiario para o persoal de obras que apoiou a oposición ao completo. O coordinador de CxL, Rafael Cuíña, tachou a Cuñarro como «ou perexil de todas as salsas» insistindo en que o concurso «ten toda a pinta de dirixido» e animouno a autodenunciarse preguntándose porque non se pediu orzamento a tres empresas de Lalín.

Os edís aprobaron cos votos a valor do PP, o voto en contra do BNG e a abstención de CxL e PSOE a desafectación dunha praza de auxiliar administrativa de urbanismo. O portavoz nacionalista, Francisco Vilariño, tachou a actuación de «vendeta» contra a traballadora e Crespo defendeu o labor desta, indicando que a amortización se facía por indicación dos técnicos e porque lle dicían que non facelo podería traer consecuencias penais e brindouse a nomear a Vilariño alcalde por un día «para que podas firmar ti o contrato» sinalando que «non ten lóxica ningunha pero os técnicos nos piden iso». Vilariño indicou que a traballadora presentou un contencioso, do que non tiña noticia o secretario, e que pediu que de forma cautelar non se amortizase a praza. Crespo sinalou que agarda que gañe e que o Concello a poida contratar e admitiu que non sacou a praza a concurso.