Recepción en Lalín a alumnos de matrícula

La Voz

LALÍN

Cedida

27 may 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

O alcalde de Lalín, José Crespo, recibiu onte aos sete alumnos de Bacharelato que obtiveron matrículas de honra nos institutos da localidade. Dixo sentirse moi orgulloso deles, expresándolles a súa felicitación e entregándolles un obsequio. Foron Nuria García, Marta García, Adrián Llinares e Carmen Sesto do IES Ramón María Aler e Cristina Vázquez, Lucía Carballo e Elena González López do IES Laxeiro. Os estudantes acudiron ao consistorio acompañados dos profesores Santiago Cerviño do Aller e Rosa Fernández do Laxeiro.