Lalín, entre os nove municipios galegos que implementarán plans da Axenda Urbana Sostible

La Voz

LALÍN

Rocío Ramos

06 dic 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Lalín atópase entre os nove municipios galegos que servirán de exemplo para o resto de España na implementación da Axenda Urbana Sostible. As axudas suman 1,5 millóns de euros outorgados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a eses nove concellos para desenvolver plans de acción local. Os elixidos son Lalín, Paradela, Tui, As Pontes, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra, A Coruña e Lugo, segundo informou onte a delegación do goberno en Galicia.

A repartición das axudas levará a cabo por tramos de poboación e van desde os 50.000 euros, no caso de Paradela que conta con menos de 5.000 habitantes, aos 250.000 euros para A Coruña e Vigo, que contan con máis de 250.000 habitantes. Os municipios seleccionados deberán presentar proxectos piloto antes de setembro do 2022 e estes documentos servirán de modelo e guía para que outras entidades locais desenvolvan os seus propios plans de axenda urbana.

A Axenda Urbana Española concíbese como un documento estratéxico, sen carácter normativo, que intenta marcar unha nova visión do urbanismo e aborda "unha visión estratéxica, sostible e humanizada da contorna urbana". Os nove municipios que recibirán estas axudas do ministerio forman parte das 121 propostas aprobadas polo ministerio.