Lalín activa ata o día 16 a campaña Ningún neno sen xoguete

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

02 dic 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Lalín activa un ano máis a campaña Ningún neno sen xoguete e poderase participar ata o día 16 de decembro. Desde a concellaría de Política Social animábase onte a asociacións, entidades, empresas ou particulares a sumarse para mostrar a súa solidariedade coas familias con escasos recursos económicos. As doazóns pódense realizar no Faiado Municipal, os martes e xoves, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 18.00 horas. Se alguén ten problemas con esas datas e horarios pode concretar a entrega con Servizos Sociais a través do teléfono 986 780 014.

Os interesados en colaborar poden doar material novo, desde xoguetes a xogos educativos ou libros de lectura, ou material de segunda man propio e que se atope en perfecto estado de uso. Tamén os colectivos, comercios ou centros sociais poden habilitar un punto de recollida previa comunicación coa organización da campaña no teléfono 986 780 014. E pódese depositar unha doazón económica en jugueterías e librerías lalinenses para destinar ese diñeiro a esa iniciativa.

Desde o día 17 procederase a desinfectar os xoguetes doados, que se distribuirán ás familias con nenos de ata doce anos na semana do 20 de decembro. Desta forma estarán dispoñibles antes de Noiteboa e que se poida optar pola súa entrega aos rapaces na visita de Papa Noel ou en Reyes.