Un ferido leve nunha colisión por alcance en Lalín

La Voz

LALÍN

Cedida

23 oct 2021 . Actualizado ás 14:19 h.

Un condutor resultou ferido esta mañá nun accidente no que se viron implicados dous vehículos e que tivo lugar ás 12.25 horas na avenida de Madrid, fronte ao Lalín Area. Foi unha colisión por alcance. Un dos implicados no suceso foi o que chamou ao 112 alertando de que o outro condutor, que resultou ferido leve, podería requirir asistencia sanitaria. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Emerxencias de Lalín e axentes da Policía Local, que realizaron a limpeza da vía e regularon o tráfico, ademais dunha ambulancia do 061 de Urxencias Médicas que atendeu ao ferido.