Isabel Blanco presenta en Lalín o libro «Galegas na ciencia»

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

06 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O venres, día 8, ás 20.30 horas preséntase no museo municipal o libro de Isabel Blanco, Galegas na ciencia, editado por Belagua e ilustrado por María Lapido. No acto estará a autora, a ilustradora; Edurne Baines, directora da editorial e a edila de Igualdade, Begoña Blanco. Pola mañá Isabel Blanco impartirá un taller aos alumnos do IES Laxeiro, ás 12.00 horas, e outra a unha hora por confirmar no Aller Ulloa.