Simulacro de rescate en accidentes de estrada en Lalín

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

cedida

03 oct 2021 . Actualizado ás 20:22 h.

O equipo de Protección Civil de Lalín ofreceu na mañá do domingo unha demostración de traballos de rescate e asistencia en accidentes de tráfico. A avenida da Habana converteuse no escenario deste simulacro que forma parte da formación intensiva que realizaron durante a pasada fin de semana da man dalgún dos mellores especialistas galegos en actuacións de urxencias na estrada. Unha demostración moi útil tamén para as decenas de espectadores que se achegaron a velo.