Queixas pola sinalización de obras no acceso á AP-53

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

LALÍN

miguel souto

O BNG de Lalín faise eco da denuncia dos usuarios que tiveron que seguir ata Silleda pagando 2,5 euros

03 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O BNG de Lalín fíxose onte eco das queixas de usuarios polo que consideran unha sinalización deficiente nas obras de asfaltado no acceso á autoestrada á altura do polígono e que cortan a saída. O portavoz nacionalista, Francisco Vilariño, explica que desde Catasós a Botos, os condutores só se atopan con dous sinais que indican «saída 41 cortada por obras. «A xente non sabe que saída é a 41 e tampouco hai unha referencia clara porque a de Botos é a 46 e a xente non relaciona a 41 coa do polígono Lalín 2000».

Pasando Botos, apunta, «xa hai un montón de sinais, pero a xente xa está fastidiada porque xa se atopa coa saída cortada e non lle queda máis remedio que tirar ata Silleda e alí saír».

Iso supón «ademais da perda de tempo, pagar 2,5 euros». Engade que en Silleda se atopan cunha peaxe automática e, xa que logo, cunha máquina. Indica que os usuarios lle consta que estiveron a chamar á concesionaria e que «a resposta que lle dan é que está sinalizado».

Considera que se está cobrando indebidamente» indicando que «na zona non hai a dinámica de ir de Lalín a Silleda pola autopista porque sae caro, sí coller a autopista en Silleda para ir a Santiago e aforrar eses 2,5 euros». El BNG anuncia que presentarán una petición en Madrid para demandar ao goberno central que «abra un expediente á concesionaria e que lle devolvan os cartos aos usuarios, e lle paguen os quilómetros de máis que tiveron que facer». Cre que as obras poderían acabar xa hoxe sinalando que ao longo do día de onte foron moitos os condutores que «acabaron metidos nesa trampa». Consideran que «houbo mala fe e afán recaudatorio» argumentando que «si fose un erro se houbera cambiado e pese as protestas non se correxiu a situación».