Un ciclista resultou ferido tras ser atropelado en Lalín

La Voz

LALÍN

02 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Un veciño de Lalín, de 65 anos, que circulaba en bicicleta en dirección Lalín, foi atropelado por un coche que viraba cara a Penacova, resultando ferido. O accidente produciuse na contorna da fonte de Lalín de Arriba pasadas as 13.00 horas de hoxe. O home sufriu unha contusión na cabeza e foi trasladado primeiro ao PAC de Lalín e posteriormente ao hospital Clínico de Santiago por unha ambulancia de Urxencias Sanitarias do 061 que se desprazou ata o lugar do accidente. Acudiron ademais efectivos de Emerxencias de Lalín e axentes da Policía Local. Tamén na mañá do domingo produciuse unha colisión entre dous turismos no centro urbano de Silleda sen que se producisen feridos.