Un total de 24 farmacias da zona expiden certificados de antígenos

La Voz A Estrada / LA VOZ

LALÍN

E CUIÑA

01 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra publicou a listaxe das farmacias que participarán no programa de test rápidos para a detección do covid-19 en farmacia comunitaria. Nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes participarán un total de 24, divididas en: 8 da Estrada, 5 de Lalín, 3 de Cerdedo, 2 de Forcarei, Silleda e Vila de Cruces, unha en Dozón e outra en Rodeiro.

Nestas farmacias supervisarán no propio establecemento os test de antígenos, facilitando os certificados que permiten a quen o faga, e dea negativo, acceder aos locais de hostalería. No caso da Estrada son as de Madriñán, Oca, O Foxo, Codeseda, Souto de Vexa, Losada Campa, Rodríguez Giráldez e Durán Losada. As de Lalín participan Ferreiro Calvo, Carballude Taboada, Granxa Bargados, Prado e Vilatuxe.

As tres de Cerdedo son Pérez-Lafuente, Charro Gamallo e Portela Lage. En canto ao municipio de Silleda, as farmacias Chomorro Díaz e Garrido Novoa están adheridas ao programa. Como tamén o están as de Coello Delgado e Vilar Freire de Forcarei. No caso de Vila de Cruces atópanse os establecementos, Ferro Goiris e Vázquez López. En Dozón está a farmacia Patiño Meijide, mentres que no municipio de Rodeiro participará o de Irma López Losada.