Comeza no Pazo de Liñares de Lalín o ciclo «Arqueoloxía en Pandemia»

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

miguel souto

28 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Con motivo do Día Internacional da Arqueoloxía, que se celebra cada ano o 28 de xullo, Lalín acollerá hoxe e mañá as xornadas «Arqueoloxía en Pandemia». Darán comezo hoxe no Pazo de Liñares cunha charla titulada Chove sobre mollado. Unha PEME de arqueoloxía e xestión de patrimonio en pandemia, da man de Israel Picón.

Despois Yolanda Álvarez e Luis Francisco López amosarán dous exemplos de actuacións arqueolóxicas de posta en valor en castros das Rías Baixas: o Castro de Montealegre de Moaña e o de Cidá de Ribeira. A continuación, Benito Vilas centrarase na arqueoloxía en Lalín nos tempos de pandemia. Juan Manuel Galiña e Eduardo Breogán falarán do Castelo da Piconha de Calvos de Randín e Purificación Souto versará sobre o mantemento arqueolóxico no municipio de A Laracha. Esta primeira xornada rematará cunha visita guiada ao Castro de Doade de Lalín con Vanesa Trevín.