Lalín e A Estrada empatan a 44 casos activos en cada concello

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

LALÍN

Miguel Souto

Continúa o goteo de novos contagios na zona que non compensan do todo as altas

27 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Lonxe de irse, o coronavirus segue dando guerra e mantense nos diferentes municipios da zona continuando o seu crecemento cun goteo continuo de casos. En Lalín, produciuse un aumento significativo, acadando onte os 44 casos activos, cinco máis que o día anterior en que o se contabilizaban 39 e 12 máis que o pasado venres A incidencia acumulada a 14 días era onte de 198 casos por cada cen mil habitantes, 50 máis que antes da fin de semana. A incidencia acumulada é de 99 a 7 días.

A fin de semana Lalín xa sufrira unha escalada importante no número de casos. Os 39 positivos que se contabilizaban o domingo eran xa sete máis dos que se rexistraban o pasado venres. A taxa de incidencia acumulada a 14 días chegaba a 178 por cada cen mil habitantes e era de 84 a sete días.

A Estrada sumaba o domingo un caso máis que o día anterior. Eran 48 os positivos neste municipio. Unha conta que se facía tras tres altas dadas na última xornada, que non chegaban a compensar do todo con catro positivos máis diagnosticados. Deses, tres eran de persoas da mesma familia. A incidencia acumulada a 14 días elevábase a 273 casos por cada cen mil habitantes e é de 171 a 7 días.

As novas altas de onte sumábanse a un goteo de casos que aínda non cesou no municipio estradense. A pesar de todo, onte si que as altas supuxeron unha baixada no cómputo global que se cifraba en 44, empatando desta forma o número de casos activos da Estrada cos de Lalín. Por primeira vez nesta quinta onda.

No resto dos municipios o coronavirus continúa crecendo aos poucos en casos. En Silleda onte contabilizábanse 31 casos activos, seis menos que o venres, día no contabilizábanse 37. Unhas baixada no total que se achacan a novas altas.

O número de casos activos era onte de 11 en Vila de Cruces, dúas máis dos que se contabilizaban o venres. Tamén subiu o número de casos en Agolada, Onte eran cinco, dous máis que o venres. En Rodeiro o número de casos era onte de tres, segundo apuntaban desde o Concello nivel darse algunhas altas, o que permite que vaia mellorando a situación.

Nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes só o Concello de Dozón continúa libre de coronavirus.