Agrupacións culturais de sete municipios da zona reciben axudas

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

miguel souto

24 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra concedeu este mes de xullo subvenciones e axudas a diferentes asociacións culturais de sete municipios da zona. Estas axudas están destinadas a concertos, exposicións e outras actividades.

O Concello de Lalín recibiu un importe total de 6.063 euros. Deles, 2.500 foron adxudicados á Asociación Amigos do Museo Casa do Patrón; 815, á Asociación Maisquedanza; 1.440, á Asociación Etnográfica de Codeseda; e 1.307 á Nova Banda de Música de Vilatuxe. Destinaranse a concertos, xornadas arqueolóxicas ou exposicións.

As asociacións do municipio silledense recibiron un total de 6.400 euros. Á Asociación Cultural Copa do Castro destináronselle 400 euros; á Asociación Cultural Banda de Música de Silleda, 1.500; á Asociación Cultural Sons de Trasdeza, 2.000 euros; e á Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia, 2.500. Destinaranse principalmente a festivais e xornadas musicais.

Vila de Cruces e Agolada

As asociacións culturais Merzabrass e Agolada Crea de Vila de Cruces recibiron 2.500 euros cada unha, un total de 5.000. Os obxectos desta subvención serán o Galaico Brass Festival e o Festival Internacional de Percusión. O municipio agolense recibiu un importe de 2.029 euros dedicados á Asociación Amigos Banda de Música de Agolada, que dedicará esta axuda a un festival de bandas.

Entidades de Tabeirós

As asociacións da Estrada suman un total de 4.376 euros de subvencións. A Asociación Cultural Vagalumes recibiu unha axuda de 1.125 euros

.

Á Asociación A Xesteira adxudicáronselle 1.645 euros. A Banda de Música Municipal da Estrada recibirá 1605.

O municipio de Cerdedo-Cotobade conta con dúas asociacións que recibirán estas axudas cun total de 3.180. A Asociación Escola de Música de Cerdedo conta cunha axuda de 1.387 euros. A Banda de Música Unión Musical de Tenorio recibiu 1.792 euros. En Forcarei, á Asociación de Amigos do Mosteiro de Acibeiro e Terra de Montes-Forcarei asignáronselle 1.493 euros.