O paro redúcese en 203 persoas nas comarcas

La Voz

LALÍN

miguel souto

A Estrada resta 126 desempregados e Lalín 53

05 may 2021 . Actualizado ás 12:24 h.

Os datos do paro deixan boas cifras na zona cunha redución de 203 no número de desempregados. Son 131 menos en Tabeirós-Terra de Montes e 72 menos en Deza. Por concellos, A Estrada é o municipio da zona onde máis caeu o paro. Son 126 persoas menos pasando dos 1.273 parados que se contabilizaban en marzo a os1.147 cos que se pechou o mes de abril. En Lalín son 53 menos pasando de 1.140 a 1.087. O desemprego baixo na maioría dos concellos. As excepcións son o municipio de Vila de Cruces que suma cinco persoas máis en busca de traballo chegando a 217 fronte ás 212 de marzo.En Dozón subiu nunha persoa co que se contabilizan 26 ao peche do mes de abril. Tamén subiu lixeiramente o desemprego no concello de Cerdedo, que se contabiliza na estatística de forma independente sen ter en conta a fusión con Cotobade. Aquí tamén hai un parado máis chegando a 76.

En Forcarei, en cambio, son seis parados menos pasando de 141 a 135 . Polo que respecta á comarca de Deza, desde a Consellería de Emprego, cífrase en doce os parados menos que cóntanse en Silleda, que suma 372 fronte aos 384 de finais de marzo. En Rodeiro son nove menos co que a conta queda en 67 fronte aos 76 de marzo e en Agolada son 93, catro menos que en marzo que sumaban 97.