Lalín acada os 22 casos activos de covid-19 e A Estrada mantén dúas dun brote familiar

La Voz A Estrada, LALÍN / LA VOZ

LALÍN

miguel souto

25 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O covid-19 está a sufrir un pequeno repunte no municipio de Lalín, onde nas últimas 24 horas rexistráronse catro novos casos. Con eles a capital dezana suma 22 casos activos neste momento.

O alcalde lalinense, José Crespo, fixo este sábado un chamamento á responsabilidade colectiva para tratar de frear o avance do virus no municipio. «Quero facer un chamamento á responsabilidade e ao ‘sentidiño’ no cumprimento das medidas sanitarias para evitar que sigan aumentando o número de casos activos. Máxima prudencia e respecto aos protocolos sanitarios para evitar contaxios», pedía desde as redes sociais.

Namentres, A Estrada mantense con dous casos activos e suma tres días sen ningún positivo. Polo momento, o concello está a conseguir surfear con éxito a cuarta onda. Nos primeiros 24 días de abril detectáronse en total cinco positivos, todos eles vinculados a un brote familiar con orixe no estranxeiro.

No resto de Deza e Tabeirós-Montes a situación tamén está controlada. En Silleda detectáronse entre 1 e 9 casos nos últimos 14 días, Cruces leva unha semana sen novos casos e Forcarei, Cerdedo, Rodeiro, Agolada e Dozón están libres de covid desde hai tempo.

Nos centros educativos a Xunta informa de sete casos: un no CEIP Pérez Viondi da Estrada e seis en Lalín (3 no Xesús Golmar, 1 no Xoaquín Loriga, 1 no IES Laxeiro e outro no Aller Ulloa).