Subtraen diñeiro nunha oficina de Lalín, o quinto roubo en vivendas en só 2 semanas

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

19 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A onda de roubos en vivendas prosegue en Lalín, aínda que neste caso os ladróns escolleron unha oficina da firma Abeiro no primeiro piso dun edificio da rúa Ramón María Aller. Un veciño apreciou sobre as 23.00 horas do sábado que estaba a porta aberto, dando a voz de alerta. Acudían Garda Civil e Policía Local, constatándose que alguén entrara e revolto no interior, subtraendo algo de diñeiro en metálico. Algúns veciños apuntaron ás forzas de seguridade que sobre as 20.00 soaran varios telefonillos do edificio.

Este roubo é o quinto que se produce en Lalín en apenas dúas semanas. Os anteriores foron en pisos, dous nun mesmo edificio da rúa Ramón María Aller e dúas no Regueiriño. Crese que os autores son os mesmos en todos os casos ao empregar o mesmo sistema de acceso ao interior, retirando o bombillo da fechadura. Nos pisos levaron diñeiro e xoias en tres, mentres o cuarto estaba baleiro.