Inician a contratación das melloras na praza de abastos

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

rober amado

09 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Lalín aprobou o expediente de contratación da mellora da cuberta e accesibilidade da praza de abastos, por 69.420 euros ?80 % de Agader e 20 % municipal?, podendo presentarse desde hoxe ofertas durante 10 días hábiles. A concelleira de Comercio, Karen Fernández, explicou que as actuacións de mellora afectarán á cuberta, cunha envolvente térmica, e a construción dun aseo accesible na planta baixa do edificio. O obxectivo do proxecto é consolidar a praza de abastos como punto destacado de dinamización económica e social, e como peza crave do comercio de proximidade. Alcalde e concelleira avanzaran as obras ao colectivo de placeiros o pasado outubro.

Os primeiros traballos serán a demolición do fibrocemento das cubertas perimetrais e desmonte de elementos de evacuación de PVC, preparando as zonas de encontro entre cubertas, muros e canles de evacuación para eliminar todos os materiais adheridos para unha correcta impermeabilización. A cuberta levará la de roca, con taboleiro hidrófugo. As baixantes serán en zinc, pola súa estética e durabilidad.