O paro baixou en 107 persoas en marzo na zona

La Voz

LALÍN

cedida

06 abr 2021 . Actualizado ás 12:51 h.

O paro baixou no mes de marzo en 107 persoas nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes. Son 64 demandantes de emprego menos en Deza e 43 menos e Tabeirós. Por concellos o maior descenso dáse en Lalín, que resta 43 parados á lista, seguido da Estrada con 31 menos. O paro baixou en todos os municipios da zona, excepto en Dozón, onde se incrementou a cifra nunha persoa, e en Cerdedo, que na estatística segue contando como municipio independente sen ter en conta a fusión con Cotobade, e onde o desemprego creceu en tres persoas. En Agolada son catro parados menos, tres menos en Rodeiro, catro menos en Silleda e once menos en Vila de Cruces. En Forcarei son quince parados menos.