Fallas ao grande na residencia das Dores de Lalín

Rocío Perez Ramos
R. Ramos LALÍN / LA VOZ

LALÍN

Cedida

06 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Aínda que con algo de atraso, a residencia das Dores de Lalín celebrou onte fállalas e fíxoo cunha festa rachada. O persoal de centro, maioritariamente feminino, vestiuse para a ocasión de fallera, moño, saias e banda incluída e elixiuse ao fallero e fallera maior do Cocido de cada planta entre os residentes que recibiron un obsequio. No comedor serviuse paella ao mediodía, e por tarde, á merenda, continuouse cunha chiscadela á gastronomía valenciana con horchata e fartones. Pola tarde os pasodobres e outras pezas deron pé a algún que outro baile, algún no xardín, de maiores e traballadores. Fixeron ata unha falla feita a man que representa o Cocido e será queimada o día da Feira prevista para maio. Unha xornada de diversión que animou estes tempos do covid-19. Non será a única, o centro xa ten programado para o 23 a celebración da Feira de Abril. Tocan sevillanas.