Unha feira moi animada en Lalín

La Voz

LALÍN

E CUIÑA

04 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Sábado, principios de mes e vacacións para moitos. Unha combinación que fixo que onte a feira de Lalín estivese moi animada e chea de público. As vendas de plantas, especialmente aquelas con flor de tempada, e as árbores coparon gran parte do negocio e era nestes postos onde se apiñaba un maior número de compradores. Foi unha xornada animada que contou coa especial vixilancia da Policía Local. Os postos encheron as rúas e os espazos dispostos para os ambulantes que onte non faltaron á súa cita. foto E. CUIÑA