Valos ante casas ruinosas en Lalín

La Voz

LALÍN

javier benito

02 mares 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O mal estado de dúas casas situadas na Rúa Cacharela de Lalín aconsellou instalar valos na beirarrúa para impedir o paso de peóns, e que algún desprendemento poida causar danos persoais aos transeúntes. Están situadas á altura dos número 60 e 62 da rúa, onde se pode apreciar xa como boa parte do tellado dun dos inmobles colapsou e rematou derrubándose.