Lalín acollerá en xuño as oposicións de Educación

La Voz LALIN / LA VOZ

LALÍN

MIGUEL SOUTO

A Xunta estende as probas a 16 localidades de toda Galicia

02 mares 2021 . Actualizado ás 14:09 h.

Lalín será unha das localidades galegas que acolla o próximo mes de xuño as oposicións de Educación. Así o confirma a Xunta, que sinala que con 3.894 prazas en liza celebraranse nunhas 16 localidades galegas, incluíndo as sete grandes cidades. O obxectivo é evitar as aglomeracións nunhas probas que mobilizarán a máis de 30.000 persoas entre opositores e tribunais. Aínda que non está definido o lugar para os exames, cuxa primeira fase arrincará o 19 de xuño, todo apunta que o Lalín Area é a infraestrutura máis adecuada para os mesmos.