Lalín e A Estrada recuperan a normalidade nas feiras

La Voz A Estrada / LA VOZ

LALÍN

24 feb 2021 . Actualizado ás 21:55 h.

Lalín e A Estrada recuperan a normalidade nas súas feiras. O alcalde José Crespo indica que a comisión do covid apunta nesa liña para a cita do 3 de marzo, aínda que iso si, recomendado que acuda á feira xente con interese real en comprar, recomendando que se van pasear «que o deixe para outra hora, para que non haxa demasiada afluencia».

Pola súa banda, o edil estradense Gonzalo Louzao sinala que o mercadillo do sábado próximo ao Novo Mercado será o primeiro baixo as novas condicións, coa totalidade de postos e a pulpería funcionando como as terrazas, ao 50 % de capacidade no exterior e con distancia de 1,5 metros entre grupos de comensais. O mercadillo do próximo mércores día 3 de marzo recuperará todos os postos de téxtil e calzado ?que este mes rotaban?, xa que nos de alimentación e produtos de horta non chegaron a notarse as últimas restricións. Poderán estar as tres pulperías da Praza dá Feira e a do Novo Mercado

Louzao lembra que son sobre 100 postos no mercado dos mércores, con maior distancia tras dar de baixa a 27 por non cumprir coa ordenanza municipal.