Continúa a caída de casos activos nas comarcas, con 45 en Lalín e 39 en Silleda

La Voz

LALÍN

20 feb 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A tendencia á baixa do covid-19 continúa nos municipios de ambas as comarcas. En Lalín contabilizábanse onte 45 casos activos, mentres na Estrada, a situación segue controlada e estable. Este venres rexistrouse un positivo máis que o día anterior e son 29 as persoas coa enfermidade no municipio. Cinco precisaron ingreso hospitalario e unha delas está na uci. A media de idade dos activos é de 46 anos. A cifra de novos positivos rexistrados durante os últimos 14 días é de 40.

En Silleda baixouse en dous casos, situándose en 39 activos, mentres que Vila de Cruces tiña nove a pasada xornada, cun deles ingresado no hospital. En Agolada había oito, sete hospitalizados, mentres Rodeiro e Dozón seguían sen positivos.

Namentres, Forcarei completou o seu descenso de casos ata o nivel máis baixo da táboa. Este venres, a incidencia acumulada nos últimos 14 días era de entre 1 e 9 persoas. En Cerdedo-Cotobade había 22 casos novos acumulados, un menos que o día anterior