O prezo medio da vivenda de segunda man baixou un 0,4 % en Lalín no 2020

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

27 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O prezo medio da vivenda de segunda man sufriu un lixeiro descenso en Lalín o pasado ano. O portal inmobiliario Fotocasa presentaba onte o informe do 2020, onde se constata que no municipio lalinense baixou o custo un 0,4 % na compra de pisos xa estreados. A media a abonar polos compradores situouse en 815 euros o metro cadrado. A maior caída dos municipios analizados por Fotocasa produciuse en Cervo, do 13,9 %, e a maior subida en Foz, do 14,9 %.