Un ferido nunha colisión entre un coche e un camión en Lalín

La Voz

LALÍN

20 oct 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Un home de 45 anos, J. C. F., resultou onte ferido leve tras chocar o coche que conducía contra un camión. O accidente produciuse ao redor das 8.17 horas na AP-53, ao seu paso polo municipio de Lalín. O ferido foi trasladado por unha ambulancia de soporte vital básico do 061 de Urxencias Médicas a Clínica Deza, en Lalín. Ata o lugar desprazouse tamén a Garda Civil de Tráfico