Podios do ArcoCelta de Lalín na liga galega de bosque 3D

La Voz

LALÍN

Cedida

20 oct 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A Liga Galega de Bosque 3D de tiro con arco comezou a fin de semana coa primeira proba organizada polo club BoaVila, con participación do ArcoCelta de Lalín-Vilatuxe. Houbo tres podios para integrantes do club lalinense, destacando a vitoria de María López García, na recentemente estreada división cadete de arco instintivo. Mentres, nesa mesma especialidade pero en sénior houbo segunda e terceira praza de podio, para Herminio López Naval e Alejandro García Fernández respectivamente. Na modalidade de arco long bow participou Carlos Taboada Asorey, que concluíu na sexta praza.