Menos flores na feira de Lalín

La Voz

LALÍN

Cedida

18 oct 2020 . Actualizado ás 20:08 h.

A feira do 18 en Lalín está considerada como a das flores, xa que moitos veciños da zona aproveitan para adquirilas para honrar aos seus defuntos no Día de Todos os Santos. Nesta ocasión houbo menos movemento de vendedores, con algunha firma de Portas e O Salnés, debido a escaseza de produción. A pandemia tamén afecta a este sector. Nunha concorrida feira ao coincidir con xornada dominical, as flores tiveron menos protagonismo e estaban máis caras que no 2019.