Celebrarán encontros virtuais con Chascomús sobre temas culturais

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

25 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Concello de Lalín e Municipalidade de Chascomús acordaron desenvolver encontros periódicos virtuais sobre cuestións culturais de interese para estas dúas localidades hermanadas. Foi nunha videoconferencia desenvolvida o martes, con participación da concelleira Begoña Blanco pola parte dezana, xunto co intendente de Chascomús, autoridades da Xunta no ámbito da emigración e da directiva do Centro Lalín, Agolada e Silleda.

Foi o terceiro encontro telemático entre ambas as localidades, tras o desenvolvido o 6 de agosto centrado na figura de Raúl Alfonsín e as súas vinculacións coa capital dezana. O pasado día 2 houbo outro contacto, con participación tamén dos alcaldes de Silleda e Agolada.