Lalín pechou onte tarde as piscinas ao completarse a capacidade permitida

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

08 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

As piscinas exteriores de Lalín pecháronse onte, pouco antes das 18 horas, ao completarse a capacidade permitida que é de 105 persoas por motivos de seguridade sanitaria. A prohibición de acceder ás instalacións, que tiñan a cota cuberta decretada por Sanidade, suscitou varias queixas entre algúns grupos de bañistas que pretendían acceder ao complexo para refrescarse ante as altas temperaturas que se están vivindo.