Cuíña cre que Lalín debe ter un protocolo en caso de covid-19

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

08 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O coordinador de CxL, Rafael Cuíña, cre que «non se dan as condicións estruturais para que o Concello de Lalín asuma a xestión dun brote de covid-19 e Crespo non pode quedar calado ante a Xunta nesta situación». Cre que para facer fronte a un posible rebrote o Concello debe ter un protocolo de actuación claro e a Policía Local debe ter claras as pautas a seguir «xa que non deben facer traballos que corresponden a sanitarios» despois de que a Xunta deixe en mans dos concellos a vixilancia, inspección e control do cumprimento das medidas.