Os xulgados da zona rexistraron 15 rupturas no primeiro trimestre

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

07 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Os xulgados das dúas comarcas formalizaron ao longo do primeiro trimestre deste ano un total de quince rupturas matrimoniais. Foron catorce divorcios e unha separación. Por partidos xudiciais formalizáronse catro divorcios na Estrada e dez en Lalín. Dos da Estrada foron un de mutuo acordo e tres sen consenso entre as partes. Da decena dos que se produciron nos xogados lalinense seis foron de mutuo acordo fronte aos catro que non. A estes engádese unha separación consensuada tamén en Lalín.

Son os datos que facía onte públicos o Consello Xeral do Poder Xudicial. A estes engádense dez modificacións de medidas e unha relativa a garda e custodia. O ano pasado rexistráronse 106 en total, 66 en Deza e 40 en Tabeirós-Terra de Montes.