Unha avaría de R deixa sen wifi nin liña telefónica fixa a numerosos clientes de Deza

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

30 may 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Ao redor das 11.00 horas producíase un apagamento nos servizos da compaña R nalgúns municipios de Deza, entre eles Lalín e Silleda. Nese momento deixaron de funcionar as liñas de telefonía fixa ademais de deixarse de prestar o servizo de wifi. Un problema que varios lugares estaba aínda sen solucionarse ao peche desta edición. Esta falta de servizos xerou múltiples queixas entre os centenares de usuarios afectados, principalmente en negocios onde quedaron sen marxe para operar na Rede ou sen recibir por exemplo chamadas dos seus clientes para fixar citas. No que levamos de ano xa houbo outros dous cortes similares.