O ORAL pon ao cobro varios tributos da zona desde xuño

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

25 may 2020 . Actualizado ás 19:29 h.

O ORAL, organismo dependente da Deputación, xa fixou o novo calendario de tributos e prezos públicos que se aprazaron como consecuencia da situación sanitaria xerada polo covid-19. Desde xuño deberanse abonar eses tributos en concellos da provincia onde está delegado ese servizo, entre eles a maioría de Deza e Tabeirós-Montes.

O imposto sobre vehículos abonarase do 15 de xuño ao 3 de setembro para Cerdedo-Cotobade, Dozón, A Estrada, Agolada, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. Mentres, o IBI abonarase desde o 25 de xuño ao 5 de novembro, para eses mesmos oito concellos, mentres o IAE estará ao cobro do 4 de setembro ao 16 de novembro.

Respecto das taxas e prezos púbicos, o primeiro trimestre abonarase ata o 22 de xuño; o segundo, do 15 de xullo ao 15 de setembro; o terceiro, do 16 de setembro ao 16 de novembro; e o cuarto, do 30 de outubro a 30 de decembro.