A biblioteca de Lalín pecharase o venres e o sábado para acometer melloras

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

17 feb 2020 . Actualizado ás 21:00 h.

A concelleira de Cultura de Lalín, Begoña Blanco, informou de que en próximos días se realizarán na biblioteca municipal Varela Jácome unhas obras de mellora e acondicionamento das instalacións para as que se precisará pechar durante dous días as instalacións: serán o venres día 21 e o sábado 22, para poder acometelas.

As obras permitirán, entre outras medidas, illar acusticamente a zona de estudo principal, para o que se instalarán portas na sala de estudo principal. Ao mesmo tempo, procederase a colocar estores en toda a primeira planta, tamén se instalarán carros para o almacenamento de xornais, un armario de limpeza e andeis no almacén da propia biblioteca pública de Lalín.