San Valentín nas Dores

La Voz

LALÍN

Cedida

15 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Na residencia de anciáns de Lalín non quixeron desaproveitar a celebración do 14 de febreiro para organizar algunha iniciativa. Neste caso consistiu na confección dun gran marco adornado con corazóns onde usuarios e persoal do centro xeriátrico posaron para unhas fotografías que engrosen o álbum da residencia e o persoal dos retratados. Non faltaron imaxes simpáticas nin tampouco globos en forma de corazón.