Zahera chea en Lalín

La Voz

LALÍN

E CUIÑA

19 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O ciclo de monólogos Deza Comedy estreouse onte no Auditorio Municipal de Lalín cun espectáculo do actor Luis Zahera que colgou o cartel de completo. O cómico, co punto de vista surrealista que lle caracteriza, repasou anécdotas, viaxes, traballos, amores, familia e por suposto o seu triunfo nos Goya. Tomarán a vez en semanas sucesivas Miguel Lago, Carlos Blanco e O Sevilla.